Pautas para diferenciar as vogais abertas das pechadas

Presentan no sistema máis común vogal tónica semiaberta

• As vogais de abertura media que portan un acento diacrítico: vén, só, póla, óso, présa,…
• Os substantivos rematados en -el ou -ol e os seus plurais: papel, papeis,tonel, toneis, caracol, caracois, farol, farois.
• Os verbos da 2ª conxugación (-er) con vogal radical -e- ou -o- que presentan alternancia vocálica, nas segundas persoas do Pres. Ind.: bebes, bebe, beben, comes, come, comen
• Os verbos da 3ª conxugación (-ir) con vogal radical -e- ou -u- que presentan alternancia vocálica, nas segundas persoas do Pres. Ind.: serves, serve, serven, foxes, foxe, foxen
• As formas verbais do tema de perfecto (pretérito, antepretérito, pretérito de subxuntivo e futuro de subxuntivo) irregular: coubeches, coubera, coubese, couber…
• Os nomes das seguintes letras: e, efe, ele, eme, ene, eñe, erre, ese, o.

Presentan vogal tónica semipechada

• Os verbos da segunda conxugación con vogal radical -e- ou -o- que presentan alternancia vocálica, na 1ª persoa do Pres. Ind., no Pres. Subx. e no Imperativo: bebo, beba, bebas. Como, coma, comas.
• As formas dos verbos da primeira conxugación nas que a vogal -e- ou -o- vai seguida de -i- ou de consoante palatal (grafías x, ch, ll, ñ ) e nos verbos rematados en -ear ou -oar: Deite, axexa, pechas, tellan, empeña, coxean.
Loita, despexas, acocha, ollan, soñas, voas
• As formas do tema de perfecto dos verbos ser e ir: fomos, fora, fose, for.
• As formas verbais do tema de perfecto regular: collemos, collera, collese, coller.
• As formas do infinitivo: coller, collermos…, pór, pormos,…
• Os nomes das seguintes letras: be, ce, de,gue,pe, que, te, xe, ceta.
• A maior parte das palabras acabadas en -és: coruñés, vigués, montañés,…
• As palabras nas que -o- forma ditongo con -u-: touro, tesouro,…
• Os nomes acabados en: -edo (medo), -ello (cortello), -eo (feo), -eza (grandeza), -ón (corazón), -or (matador), -oso (fermoso).
• O o e o e cando están en posición postónica son sempre pechados: débeda, ávrego, conde, morto, símbolo

www.blogoteca.com/dubidas

Marcar el Enlace permanente.

Comentarios cerrados.